domingo, 15 de septiembre de 2013

Tendal virtual

Babeiro berenxena no tendal virtual de Carroucha. Para que vaia secando antes de chegar ao seu destino.




sábado, 14 de septiembre de 2013

viernes, 26 de abril de 2013

Xogo de almofadas

Se che gusta a cor vermella, gustarache o noso xogo de almofadas de lunares brancos sobre vermello. A almofada en forma de cilindro é máis que unha almofada, é moi cómoda para que o voso bebé durma en posición lateral, tanto na cama coma no berce ou cando imos de paseo.

Pode ser un agasallo moi bonito, e sobre todo funcional.

Desexamos que vos guste.





jueves, 25 de abril de 2013

miércoles, 17 de abril de 2013

Para durmir como un bebé

Gracias ás persoas que nos coñecen e a amigos xurden novas creacións, esta é unha delas. Unha almofada ideal para levar sempre co noso neno, para o capazo, o berce, ou para a cama. Xunto coa almofada é moi práctico ter outra almofada con forma de cilindro, que axuda a que o bebé estea nunha posición ideal para o descanso.

Este é o noso primeiro conxunto de almofadas, nos próximos días faremos outros de diferentes cores.

Esperamos que vos gusten.




lunes, 15 de abril de 2013

Babeiros

Aproveitamos estes días de sol para facer unhas fotos dos babeiros de Carroucha, non está toda a colección pero hai unha boa mostra deles. Deseños orixinais para bebés e pais divertidos.





lunes, 25 de marzo de 2013

Axóuxeres

Cambiamos de materiais e de deseños para adentrarnos no mundo do ganchillo, porque é todo un mundo. Neste caso axóuxeres para os máis pequenos, estes son dous da nosa colección. Completaremos a colección con diferentes formas e cores.





domingo, 24 de marzo de 2013

Familia monstruosa

Seguimos traballando con retais de tela, neste caso un adorable monstro. É o primeiro membro da nosa   "Familia mosntruosa", proximamente iremos colgado no blog os demais membros. 






sábado, 16 de marzo de 2013

Experimentando con Patchwork

Xuntando as telas que nos foron sobrando de traballos anteriores xurdiu Uga a Tartaruga, unha fermosa tartaruga coxín. É moi interesante esta técnica de traballo, podes aproveitar ao máximo as telas e saen cousas moi bonitas. É un dos nosos primeiros traballos con patchwork, seguiremos experimentando con outras formas e cores.