viernes, 26 de abril de 2013

Xogo de almofadas

Se che gusta a cor vermella, gustarache o noso xogo de almofadas de lunares brancos sobre vermello. A almofada en forma de cilindro é máis que unha almofada, é moi cómoda para que o voso bebé durma en posición lateral, tanto na cama coma no berce ou cando imos de paseo.

Pode ser un agasallo moi bonito, e sobre todo funcional.

Desexamos que vos guste.





jueves, 25 de abril de 2013

miércoles, 17 de abril de 2013

Para durmir como un bebé

Gracias ás persoas que nos coñecen e a amigos xurden novas creacións, esta é unha delas. Unha almofada ideal para levar sempre co noso neno, para o capazo, o berce, ou para a cama. Xunto coa almofada é moi práctico ter outra almofada con forma de cilindro, que axuda a que o bebé estea nunha posición ideal para o descanso.

Este é o noso primeiro conxunto de almofadas, nos próximos días faremos outros de diferentes cores.

Esperamos que vos gusten.




lunes, 15 de abril de 2013

Babeiros

Aproveitamos estes días de sol para facer unhas fotos dos babeiros de Carroucha, non está toda a colección pero hai unha boa mostra deles. Deseños orixinais para bebés e pais divertidos.